martes, 26 de decembro de 2017

Alecria, a orixe da asociación

O nacemento da asociación

A idea xurde dende un grupo de amigas que tiñan claro que era preciso contar en Santiago de Compostela con un grupo de apoio para dar resposta á necesidade das mulleres a as súas familias no proceso de lactanción e crianza dos bebés. As grandes ausencias na sociedade actual das tradicionais figuras de apoio á muller nun proceso tan importante como é o postparto, xunto coa falta de referencias de axuda profesional nesta materia, serviron de pulo para que esa idea se materializase en forma de asociación sen ánimo de lucro e de carácter socio-sanitario. Así, con moito traballo e esforzo, Alecria naceu, conseguindo constituirse legalmente como asociación en xaneiro do ano 2016.

Os piares da asociación

Dous piares fundamentais sosteñen a actividade diaria de Alecria:
  • ofrecer información, axuda e apoio emocional ás familias que desexan aleitar ás súas crianzas
  • recuperar e promover a cultura da lactancia natural e a crianza con apego na sociedade. 
Alecria promove a crianza respetuosa para un vínculo seguro entre pais e bebés, así coma as recomendacións sobre lactancia materna da Organización Mundial da Saúde (OMS), a Asociación Española de Pediatría (AEP) e a Federación de Asociacións de Matronas de España (FAME).

Obxectivos de Alecria

  1. Protexer, promover e apoiar a lactación materna
  2. Apoiar ás nais para conseguir lactancias maternas exitosas e felices, prestándolles axuda para abordar dificultades que podan xurdir no proceso.
  3. Defender o noso dereito de aleitar.
  4. Crear redes de apoio mutuo entre nais para a crianza dos nosos meniños.
  5. Promover ligazóns entre as familias e os seus bebés.

Actividades

  1. Organizamos reunións periódicas de carácter aberto e gratuíto para nais, pais e embarazadas para compartir inquietudes, medos e dúbidas sobre crianza e lactación.
  2. Ofrecemos asesoría de lactación materna presencial e on line.
  3. Contribuimos á divulgación on line da cultura da lactación mediante a publicación no noso blog e nas redes sociais. 
  4. Talleres.




Ven a compartir soños,
amamantar tesouros,
criar persoas,
rir xuntos,
charlar en familia,
reencontrar amizades.
Fagamos tribo!